As nosas peles

As peles dos deseños de Olga Ríos levan a etiqueta de Kopenhagen Fur que avalan a calidade das pezas e todas as peles que utilizamos son de orixe controlada.

oa

Utilizamos peles como o weasel, visón, astracán, raposo... para vestir a unha muller actual, elegante, feminina, cosmopolita e con estilo.

Nas novas creacións en pel de Olga Ríos destacarán os astracanes e rasados en diferentes peles, que xunto cos cordeiros seguirán sendo os protagonistas da nova colección.

E para primavera de 2011, presentaremos unha colección de napa e ante así como unha nova liña de xoiaría.

Descobre Olga Ríos

A nosa tenda principal atópase na Coruña (España), pero podes atopar os nosos deseños nos seguintes países: Francia, Suíza, Alemaña, Austria e Portugal.

A mellor forma de coñecer as nosas pezas é achegándoche a unha das nosas tendas a tocar e probar as prendas da nosa colección. Así descubrirás que se sinte ao vestir os nosos deseños en pel de alta calidade.

Ven a visitarnos

 

Redeseño de pezas antigas

Se tes un abrigo ou peza de pel que xa pasou de moda, pertencía á túa nai ou a túa avoa ou simplemente aburríchesche dela, agora podes facerte cunha peza de Olga Ríos. Facémosche un deseño baseado na nosa última colección partindo da pel da túa antiga peza. Só tes que enviarnos un formulario e xa te decimos paso a paso como facelo.

Fai click aquí para empezar.