Sonia Ríos

Despois de 16 anos detrás do deseño creativo, na actualidade Sonia Ríos está á fronte da dirección xeral da empresa.

Baixo a súa dirección a marca Olga Ríos continúa coidando ao máximo o deseño para darlle á peletería ese aspecto de peza para calquera momento e vestindo a unha muller cosmopolita, glamourosa e sofisticada.

Sonía Ríos continúa o legado da súa nai innovando nos deseños das súas coleccións e na forma de presentar a marca, sen esquecerse das mulleres para as que deseña, posto que elas son as protagonistas.



sonia rios

Olga Ríos, muller e empresaria

Olga Ríos comezou a traballar moi nova nunha época na que as mulleres tiñan pouca presenza no mundo empresarial. “Empecei cunha representación de alfombras de pel. Como non estaba nada ben visto que unha muller casada andase por aí soa, acompañábame o meu pai. Si, o meu pai. Hoxe en día parece incrible que unha muller necesite carabina para traballar, pero tiña que ser así. Co tempo, conseguín que en lugar de vir meu pai viñese unha das miñas fillas”.

Hai 25 anos montou a súa primeira tenda na Coruña e co tempo chegou a ter 25 puntos de distribución por toda España. As súas pezas de pel foron referencia nas mellores pasarelas do mundo: España, Portugal, Francia, Alemaña e Estados Unidos e desde 2004 formou parte do grupo de moda Cibeles. Hoxe en día Olga Ríos é referencia no mundo do deseño en pel e os seus deseños teñen como obxectivo facer que as mulleres se sintan belas e vangardistas sen perder a súa identidade.